martes, 21 de novembro de 2017

Sementando futuro

Para facer un bosque precisamos das árbores... e estas precisan neste intre dun chisquiño de axuda. Imos prantar moooitas landras! Serven todas? pois non! Enchemos de auga un "táper" transparente e imos iniciar este proceso: as landras que van ao fondo serven para prantar, pero as que flotan, non. As poderemos levar á horta como abono, por exemplo: a natureza non desperdicia nada, nós tampouco...
Interesante...pois imos a facer de primeiras a separación entón!
e logo a envolver cada landra coa humidade que vai precisar para xermolar... O resto, xa o sabemos: moita paciencia e constancia, como no conto de "Xaime e as landras"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!