domingo, 7 de outubro de 2018

A fada dos carballos

A maxia como a maioría das cousas na vida, en doses pequenas e acompañada de elementos que forman parte da realidade, serve para motivar, facer soñar, engadir misterio, estimular a creatividade ... non é preciso facer un uso desmesurado deste elemento porque a vida esta chea de encanto. Esta semana chegou a aula de tres anos a "fada dos carballos" acompañada dun montón de landras é un pequeno carballo, regalo unha mamá da escola. Falamos das fadas, como son, onde viven, deixando a porta aberta as ideas dos pequenos/as.
Aproveitamos para falar dos carballos, do seu froito, e tamén para ler un conto. E así mesturando imaxinación e realidade, achegámonos ao coñecemento desta árbore que hábita os nosos bosques.
Despois cada un dos nenos/as plantou unha landra. Nun vasiño de plástico puxemos un pouco de papel, depois a landra, tapamos e regamos, e aí agardan, agochadiñas, esperando a que cando  sexan un pequeno carballo, os nosos pequenos/as deixen a súa pegada "con pés de landra", e engadan aos nosos montes, un anaquiño de vida, que tantas veces lle roubamos... E como di o conto ... unhas serán esmagadas, outras talladas, algunhas queimadas, pero otras serán ábores fortes, que darán montóns de landras para completar o ciclo da vida.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!