domingo, 28 de outubro de 2018

Traballiños na horta

Este venres recibimos a visita de Jacobo, de Amigos da Terra (asociación ecoloxista que trata de fomentar o cambio local e global cara unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta é solidaria).  Jacobo vai colaborar con nós na posta en marcha da nosa horta e cada trimestre recibiremos a súa visita, para asesorarnos e traballar cos nenos/as no cuidado e mantemento da horta.
Este venres estivemos plantando ceboliñas, allos, chícharos, fabas, tirabeque e escarola. Os nenos/as remexeron a terra, plantaron e regaron; todo de xeito natural e respetuoso co medio ambiente.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!