domingo, 7 de abril de 2019

O bosque dos nen@s

" Con pés de landra", así se titula o proxecto de Voz Natura, que realizou Chus, e que depositou nas miñas mans, como un tesouro. O luns, 25 de maio, esta frase cobrou vida da man dunha fermosa iniciativa " O Bosque dos nen@s". Proxecto que nace no Monte Galiñeiro, grazas a Comunidade de Montes de Vincios, e que ten como obxectivo concienciar e educar aos máis pequenos/as no coidado do noso medio ambiente, para que desastres como os incendios do ano 2017 non volvan a suceder.
Será un espazo de 6 hectáreas que a Comunidade de Montes de Vincios vai adicar a que tod@s aquelas nais e pais que queiran celebrar o aniversario ou nacemento dun pequen@, plantando unha árbore, poidan facelo aquí. 
Deste xeito os pequenos/as da nosa escola dirixiron os seus pés pequeniños/as para deixar a súa pegada, plantando dous carballos da nosa escola, que darán fermosas landras, un castiñeiro, unha nogueira, e unha cerdeira... grazas Chus por abrirnos camiño. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!