domingo, 19 de maio de 2019

Visita de Álvaro. Charla "Muíños e Regatos"

Este curso tivemos a inmensa sorte de recibir na nosa escola a Álvaro (Asociación de veciños de Chapela e Comunidade de Montes de Teis). Para realizar unha charla cos pequenos/as, que se completará con outra para os adultos/as, dende a escola de familias, e unha ruta guiada polos muíños do Pugariño; que incluirá unha limpeza simbólica por parte dos cativ@s, para sensibilizalos no coidado do seu entorno.
As charlas teñen como obxectivo dar a coñecer o patrimonio etnográfico que temos (Río Pugariño), e coñercer a situación de deterioro e a grave contaminación por residuos que sofren os ríos cercanos á cidade. Ademais de falar da importancia que tiveron os muiños na formación das costumes, das cancións, do folclore e da cultura galega.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!