venres, 3 de xaneiro de 2020

Amigo Invisible

Penso... pero non afirmo, que unha das nosas obrigas debería ser "coidar de nós" e coidar o que nós arrodea. O mundo no que vivimos non é só un lugar, un espazo; senón que nos permite vivir (somos indisolubles), polo que resulta difícil entender aquelas conductas que conducen ao seu deterioro.
Desde a nosa escola pretendemos a través de pequenas inicitivas, como o amigo invisible (agasallos feitos con material de refugallo sen plástico) depositar unha semente, que motive comportamentos respetuosos e sostibles que nós permitan crecer en harmonía co noso medio. Grazas coma sempre ás familias pola súa colaboración, esforzo e tempo empregado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!