martes, 29 de abril de 2025

Hotel de insectos

 O 18 de marzo, Jacobo (Amigas da Terra), visitou a nosa escola para realizar coas crianzas un hotel de insectos. As familias aportaron o material necesario, e utilizamos como base  unha estructura que xa tiñamos no patio da escola para gardar material de xogo. Así coa colaboración de todas e todos, a cativada participou na construción do hotel nun fermoso día, co sol como protagosnista.







luns, 27 de xaneiro de 2025

Obradoiro con Belén Fervenza, da horta do Cadaval. Unha proposta de aderezos de Nadal con elementos naturais

 "Camiñando na roda do ano, chega o momento de ir cara adentro, de revisarnos, de coidarnos e darnos calor, mentras agardamos a chegada da luz". Neste obradoiro con Belén tratamos de conectar ás crianzas de 3, 4 e 5 anos cos elementos presentes na natureza, dun xeito sinxelo e amoroso. 


















mércores, 4 de decembro de 2024

Visita de Jacobo. Plantación de outono - inverno

No mes de novembro Jacobo (Amigas da Terra), visitou a nosa escola para realizar coas crianzas a plantación de outono- inverno, con plantas e sementes como:  porro, allos, cebolas, verzas, repolo, ervellas, fabas, prímulas, pensamentos e violas.