luns, 2 de outubro de 2017

EXPO OUTONO 2017

Comeza o outono e queremos darlle a benvida dun xeito especial: vos parece que en familia, empregando materiáis da contorna natural e/ou de refugallo vos animedes a facer coa axuda d@s peques unha contribución para un “EXPO-OUTONO” cheo de creatividade e aposta medioambiental? Cortizas, piñas,cabaciñas, carozos, follas, botellas e botes reciclados e un enooorme etc son pequeñas “pistas” : bonecas de carozos (recuperando así tamén tradición), cadros de animáis, de paisaxes ou mandalas feitos con follas, piñas,castañas e noces que se convirten en unha chea de cousas diferentes, refugallo que se reutiliza facendo “reciclARTE” e tooodo o que maquinedes vós! Haberá no patio un espazo para exponer as vosas aportacións : poñede por favor o nome d@ peque e se queredes engadir algo máis…tamén. Adiantamos as grazas pola vosa participación!

1 comentario:

Deixa un comentario, graciñas!