As mochilas viaxeiras son unha iniciativa integrada nas bibliotecas escolares de Galicia (dependentes da xunta de Galicia), enmarcada nos programas de lectura, que ten como obxectivo fomentar a lectura en familia, fortalecer o vínculo entre a escola e a familia e converter ás nenas/os en pequenos embaixadores da biblioteca nas súas casas.
Esta mochila inclúe unha selección de recursos escollidos polo centro; que este curso quixo incluír na súa escolla un libro sobre árbores. Co obxectivo de facer partícipes ás familias do noso proxecto "Árbores que dan Vida" enmarcado dentro do programa Voz Natura.


















