Amosando publicacións coa etiqueta libro viaxeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro viaxeiro. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2015

AGORA XA TEMOS COMPLETO O NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

André trouxo ao cole a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais. Escolleu a clorofila e explicounos que a teñen todas as plantas verdes, falounos da fotosíntese que realizan as plantas e o beneficioso que é para ter unha pel luminosa tomar clorofila, ademais de que nos axuda a facer mellor a dixestión e boa para eliminar toxinas, para protexer o estómago.Tamén nos dixo que as persoas que a toman teñen unha boca moi moi limpa. Pero o mellor estaba por chegar puidemos probar infusión de té verde que é unha das plantas que aporta clorofila, así como as espinacas o brocoli etc. A todos nos encantou a infusión.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Another free picture collage by Smilebox

luns, 15 de xuño de 2015

DERRADEIRAS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe foi un día moi intenso, ademais de explicarnos Esther o seu remedio tamén o fixeron Nora e Anxo. Nora escolleu a celidonia que é unha planta que crece xeralmente nos muros e que serve para tratar as afeccións da pel. Cando a botamos na pel ten unha cor amarela pero co paso do tempo escurese. Todos quixemos levar unha pintiña amarela na nosa man e así poder vela e ensinarlla as nosas familias.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This collage customized with Smilebox

A continuación de Nora chegou o turno de Anxo que nos explicou outra propiedade do eucalipto que non coñecíamos. Resulta que tamén é moi boa por non dicir case milagrosa  para curar úlceras, rozaduras ou as ronchas que lle saen os alerxicos aos metais.. Temos que ferver un par de ramas de eucalipto abundantes nunha tarteira con auga e deixala ferver durante media hora ou máis e logo limpar a ferida cunha gasa mollada nese líquido para poder volver a usar a infusión o día seguinte pódese volver a ferver.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Picture collage personalized with Smilebox

luns, 8 de xuño de 2015

MÁIS E MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Menuda sorpresa dous nenos da clase escolleron o Romero, así que hoxe aprendemos un montón de cousiñas sobre esta planta grazas a Elena e a Roi. Comezou Elena explicándonos o nome científico do Romero, onde crece, como son as súas follas e a cor das súas flores, a que familia pertencen e canto pode chegar a medir esta planta. Ademáis de como recolectalas, secalas e onde se deben gardar.
a
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free photo collage personalized with Smilebox

A continuación chegou o turno de Roi co que repasamos como eran as follas e flores do Romero, as diferenzas entre o Romero silvestre e o outro. Contounos cales son os beneficios do Romero entre os que están favorecer a dixestión, eliminar os gases, aliviar a dor de cabeza, mellorar a memoria e a concentración, combater a caspa e a caído do cabelo, e algúns máis que podedes ver na presentación. Pola contra dixonos que as persoas que están embarazadas non a poden empregar nin aquelas persoas que teñen gastroenteritis. Ademáis explicounos que se podía facer un té de Romero   que el e a súa familia fixeron e puidemos ulir, que tamén se pode facer alcohol de Romero e diíxonos como tiñamos que facer. Fixo tamén un ambientador o cal trouxo o cole e perfumamos a biblioteca con el (empregando un queimador ) porque nos contou que perfumar as casas polo nadal trae sorte. E aínda que o nadal xa pasou non quixemos perder a ocasión. Investigou para que outras cousas se emprega como por exemplo a hora de cociñar, como perfume para o fogar e na cosmética para rexenerar a pel. E como curisidade dixonos que os Belgas din que aos bebés non os trae a cegoña senón que aparecen nunha mata de Romeo e moitas cousiñas máis  que xa sabedes onde podedes velas. Para rematar agasallounos a todos cunha ramiña de Romero.                                                                                


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize your own collage

NOVA PÁXINA DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Como cada luns chegou a hora de explicar as novas páxinas que van chegando dos remedios naturais, nesta ocasión tocoulle o turno a Xoán que nos explicou para que serve a Ruda. Aprendemos que serve para cando non somos quen de ir ao baño, para mellorar as dixestións, para aliviar a dor de cabeza... e que as súas propiedades mediciñais están nas follas por iso temos que facer unha infusión e tomala despois das comidas.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize a free picture collage

xoves, 4 de xuño de 2015

OUTRA PÁXINA DO NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Carolina veu cargadiña de cousas para colaborar co libro viaxeiro dos remedios naturais, trouxo dúas plantas ao cole unha de aloe vera e unha de lavanda.  Xa están plantadas na nosa hortiña como as outras que nos trouxestes. Puidemos comparar a súa cor, a súa forma, olelas e lembrar se xa as traballaramos antes no cole.
O remedio natural que escolleu Carolina e a súa familia consistiu en elaborar un xabón co que logo agasallou a cada un dos seus compañeiros e compañeiras. Explicounos moi ben cales son os pasos que temos que facer para conseguilo e que é preciso contar coa axuda dunha persona adulta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This digital collage personalized with Smilebox

O LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS MEDRA SEMANA A SEMANA

Este luns os coelliños aprendemos varios remedios naturais. Abraham adicou a súa páxina a herba Luisa que e moi boa como din as nosas avoas para a dor de barriga, así que aprendemos como temos que facer para preparar unha infusión desta planta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize your own free picture collage
Tamén Lucía trouxo a súa aportación para o noso libro dos remedios naturais, neste caso escolleu a menta que ademáis de ser empregada na cociña serve para eliminar os mocos e para aliviar as queimaduras do sol, así que xa sabedes agora que o verán está pretiño e bo ter cerca esta planta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A free picture collage by Smilebox

mércores, 27 de maio de 2015

TOMÁS TROUXO A SÚA PÁXINA DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Tomás veu ao cole cargadiño de cousas, un dente de allo con pel, outros peladiños e troceados, para explicarnos o seu remedio natural.Este consistía en empregar o allo para quitar as verrugas. Primeiro comparamos os dous dentes de allo, poidemos tocalos, ulilos, aprendimos que varios dentes de allo forman unha cabeza. Despois machacamos os allos para facer unha pasta botámoslle un pouquiño de limón para que seña máis eficaz.E xa para rematar poñemos un pouquiño desa pasta na verruga e a tapamos.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This digital collage made with Smilebox

martes, 5 de maio de 2015

MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Seguen chegando a escola máis páxinas do fermoso libro viaxeiro dos remedios naturais, neste caso foron Alex e Alba os encargados de explicarnos para que servían as súas plantiñas. Alex touxo Melisa e aprendimos moitas cousas interesantes sobre ela como por exemplo que serve como repelente de mosquitos, que alivia a picadura das ortigas... e máis cousiñas que non vos podedes perder. Alba trouxo unha plantiña de Aloe Vera da que aprendimos que é moi boa para curar queimaduras, para a pel e  poidemos tocala, olela e comparala coa plantiña de Alex para ver en que se parecen e en que son diferentes. Nuns días a plantiña de Aloe formará parte da nosa hortiña.


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A picture collage by Smilebox



Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This photo collage generated with Smilebox

luns, 27 de abril de 2015

LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe Vera da clase dos coelliños de cores trouxo a súa páxina do "Libro viaxeiro dos remedios naturais". O seu remedio é un "Xarope de cenoria e mel" que cura a tos. Explicounos como tiñamos que facer para preparalo pasiño a pasiño e o importante que é deixalo un pouco de tempo no bote antes de tomalo. Despois miramos como quedaba ese xarope e por último probámolo. UM ESTABA BOÍSIMO !!


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize a picture collage