xoves, 26 de abril de 2018

VALORANATURA e DÍA DA TERRA

Nesta semá temos presente o Día da Terra (22 abril) e non vemos mellor maneira que suliñar cantas asociacións e persoas loitan cada un dos días por preservar e mellorar un patrimonio natural...que non é noso, aínda que así debemos de sentilo, e respectalo e protexer sempre!
Neste intre, falamos de VALORATURA e AMIGOS DA TERRA, como exemplo. Temos outros moooi pretiño de nos: VOCES POLO LITORAL e tamén no PLAN COMUNITARIO (que tanto nos teñen apoiado e acompañado...grazas!) e queremos pensar que os nosos alumnos e alumnas van facer posible que "a semente perdure e sempre teña froitos"! Valoranatura (valora á natura) ten coma obxetivo dar a coñecer e impulsar esforzos para a conservación e valoración do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, actualmente Zona de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000. É un proxecto sen ánimo de lucro para poñer en valor, dar a coñecer e conservar o patrimonio medioambiental e etnográfico nas Gándaras de Budiño (Pontevedra) O proxecto VALORANATURA está aberto á participación de calquera persoa interesada en poñer en valor e colaborar no estudio e conservacion das Gándaras de Budiño A iniciativa de AMIGOS DA TERRA (coa que tamén tanto temos compartido e tanto nos teñen axudado) está en plena sintonía con algún dos obxectivos que neste curso estamos a traballar e implementar.

1 comentario:

  1. Hoxe vivimos, unha fantástica experiencia con Valoranatura no río Louro, graciñas a familia de Lia por facelo posible, biqiños

    ResponderEliminar

Deixa un comentario, graciñas!