xoves, 4 de decembro de 2025

"Carballo con Botas"

 A raíz da contada o "Carballo con Botas" aprendemos moito sobre os Carballos e as Landras.

Son os Carballos árbores autóctonas?

Como no conto, é verdade que os Carballlos "choran Landras"?

Qué landras podo sementar?

Nesta última pregunta adicamos toda unha sesión para identificar que landras podemos sementar. Se unha landra flota na auga significa que está seca e non serve para plantar. Se polo contrario este froito vai o fondo e idóneo para plantar. 

Qué emoción cada vez que unha landra se afundía na auga!!! 

E o mellor xeito de plantalas é en horizontal, para descansar mellor e coller forzas para sair a superficie.

O día seguinte, despois de personalizar cada un a súa bota e rematar a nosa maceta, sementamos Landras. Unha vez coas mans na terra tivemos que poñer a landra na posición correcta, botarlle terra por riba e por último regar.

Agora toca ter paciencia e esperar a que xermine =)





Tempada de Naranxas!

Vitamina para o corpo con naranxas da casa!

  1.  Lavamos as naranxas.
  2.  Cortamos en metades.
  3.  Exprimimos con todas as nosas forzas.
  4. Servimos o zume
  5. E a gozar do sabor dun zume local.

* Os coitelos son para cativos e cativas de seguridade.





Gardamos algunhas mondas para o noso composteiro, sen pasarnos,  para non aportarlle demasiada acidez.

luns, 1 de decembro de 2025

O composteiro!

O composteiro permítenos reciclar residuos orgánicos xerados na propia escola!

Facer conscientes os máis cativos e cativas, da cantidade de residuos que producimos no día a día, é un obxetivo a acadar. Saber que eses restos, xunto a outros elementos, formarán a compostaxe. E esta,  servirá como fertilizante natural para a nosa eco-horta.

Día a día, recollemos os desperdicios da merenda ou calquera resto de materia orgánica resultado das actividades . Estos son materiais húmidos ricos en auga e substancias nutritivas. 



O composteiro tamén necesita materiais estruturantes (follas secas, cartón, polas, etc.) que crean estrutura e son fonte de carbono.

Aproveitamos as follas que collemos na Carballeira para iniciar as tesoiras en 3 anos... os anaquiños resultantes foron parar o noso composteiro. O igual que as follas que recollemos de cando en vez do noso patio. Non recollemos todas, xa que as propias follas serven de alimento, o chan.



O lado do composteiro temos un almacén de materiais estruturantes, para telos sempre a man.  Xa que non debemos esquecer... que sempre debemos botar: 
1 parte de seco
por cada 2 de húmido 

mércores, 19 de novembro de 2025

Nova Plantación!

Jacobo de "Amigas da terra" viu a asesorarnos e botarnos unha man coa colleita de Outono-Inverno.

Uns días antes preparamos con agarimo uns carteis identificativos das distintas hortalizas que posteriormente colocaríamos na nosa horta.

Desta vez prantamos e sementamos verzas, acelgas, porros, cebolas, allos, ervellas, tirabeques, fabas, leitugas, espinacas, grelos e repolos de dous tipos. 

Ademais, prantamos flores (prímulas, violas e pensamentos) para apoiar o ecosistema da nosa Horta e atraer bechos beneficiosos e polinizadores.

Nesta ocasión, cubrimos as leitugas con garrafas de auga, dandolle así unha segunda vida o plástico e alongar así a súa vida útil. Deste xeito facemos que as leitugas medren a cuberto e conseguimos o efecto invernadoiro, para que medren ben fermosas.

Grazas as familias por traer as garrafas e por facernos un espantallo ben feitiño!!!





Federico conseguerá espantar os paxaros da contorna ?

Vos que pensades?

Da horta para a Cociña!

"Da Horta para a Cociña sen contaminar..." 🎵 

Aproveitamos os boniatos que collemos na eco-horta para facer NUTELLA DE BONIATO 🍠

Ingredientes:

✅Boniato asado (300gr aprox)

✅6 dátiles.

✅ 2 c/s de crema de anacardio ou avelá.

✅ 3 c/s de cacao puro.

✅100 ml bebida avelá/améndoa.


Bate que bate e a gozar deste manxar!







venres, 7 de novembro de 2025

A horta de todas e todos!

No primeiro proceso (aula mixta na que mesturamos a nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos) de HORTA contamos o conto "A horta de Simón". 

Simón un coelliño solitario que tan so plantaba cenorias... deu o seu brazo a torcer e compartiu a súa horta con todos e todas. Deste xeito a "Horta de todos e todas" estaría chea dunha gran variedade de hortalizas.



Despois da contada,  os nenos e nenas da escola foron verbalizando e debuxando as hortalizas e froitas que lles gustaría ter na nosa escola. 


QUÉ QUEREMOS NA NOSA HORTA?

MILLO

AMORODOS

ARANDOS

CENORIAS

LEITUGAS

TOMATES

PATATAS

PEMENTOS NON PICANTES

MANDARINAS

MAZÁS

REPOLO




xoves, 30 de outubro de 2025

As uvas!

O mesmo que acontece co millo... acontece coas UVAS, lles fascinan!

Este curso quisemos gardar as semetes das uvas para plantalas, fixemos conteo ata o 5 con elas e exploramos artíticamente cuns acios. Ademáis de probalas unha e outra vez! 

Qué boas están!





Quén tivera unha horta ben grande para poder ter de todo!!!
Agradecer as familias que as traen para o noso gozo.