venres, 7 de novembro de 2025

A horta de todas e todos!

No primeiro proceso (aula mixta na que mesturamos a nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos) de HORTA contamos o conto "A horta de Simón". 

Simón un coelliño solitario que tan so plantaba cenorias... pero deu o seu brazo a torcer e compartiu a súa horta con todos e todas. Deste xeito a "Horta de todos e todas" estaría chea dunha gran variedade de hortalizas.



Despois da contada,  os nenos e nenas da escola foron verbalizando e debuxando as hortalizas e froitas que lles gustaría ter na nosa escola. 


QUÉ QUEREMOS NA NOSA HORTA?

MILLO

AMORODOS

ARANDOS

CENORIAS

LEITUGAS

TOMATES

PATATAS

PEMENTOS NON PICANTES

MANDARINAS

MAZÁS

REPOLO




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!