martes, 25 de febreiro de 2014

O cazón cazado...ou pescado.

Na aula de 4 anos, onte Breixo trouxo un peixe : chámase cazón ou zapata i é da familia da quenlla, dunha cor gris prata con píntegas oscuras e branquiño no ventre. Contóunos que non o mercaran na plaza, senon que o pescaron, e a conversa deunos para falar desa actividade que practican moitas das nosas familias; tamén falamos de que a pesca pode ser un traballo ou unha actividade que se fai por lecer.
Teremos que investigar moitas cousas; tipos de pesca, aparellos, traballos relacionados, embarcacións, ética axeitada e límites para unha actividade pesqueira sostible,etc.
Xa temos convidados a algúns e diferentes representantes de todo iso para que veñan ao Cole!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!