luns, 17 de marzo de 2014

A Auga é Vida

Foi a conclusión á que chegamos hoxe na aula de 4 anos: a Auga é Vida. Porque sen ela non habería leitugas, tomates nin nada que precise dela; tampouco animáis(non só os que viven nela) nin persoas, morrerían de sede, din estas cabeciñas tan concienciadas xa. E a maiores falaron tamén de lavar a roupa, ducharse, ir á praia, ao río, cocer macarróns, lavar os dentes, fregar o chan, facer café, lavar os pincéis, apagar o lume os bombeiros, tirar da cisterna...
Falamos tamén de que este sábado, día 22 de marzo, é o Día da Auga.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!