

Hoxe acordamos investigar un chisquiño e ,logo de ver algún documental (como se desplazan, como pelexaron dúas con un coitadiño caranguexo ,etc), aprendemos que poden vivir moitos anos (máis que a idade dos seus pais e nais!), que hai moitos tipos (encántanos a "cociñeira" e a "reidora"), que comen de tooodo (ata nos vertedeiros! qué cochinas e glotonas dí algunha voz), onde viven..
Un dos seus paraxes favorito son as Illas Atláticas ! Logo de falar do que é unha illa (Manuel dí que coñece unha moooi grande que se chama Australia), descubrimos tamén as que temos tan pretiño de nós e son unha fermosura: Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!