martes, 8 de abril de 2014

O Berbés

Boro, abó de Manuel, trouxonos un "video de maiores": a dura xornada de pesca dos homes do mar que levaba por título "O Berbés".
Na nosa cidade temos varios peiraos : Bouzas, Beiramar, o de Trasatlánticos, o Deportivo, O Areal, o de Guixar que está ben pretiño de nós,pero o máis emblemático e salientable, por moitas razóns, é o de O Berbés, que se remonta á época romana. Algo "soaba" polos recentes festexos da Festa da Reconquista (28 marzo) e por algún paseíño polo Casco Vello ... por certo , có Día das Letras Galegas xa pisando, non deixedes de ir ao nº 12 da rúa Real: alí mesmo, na imprenta de Juan Compañel, foi onde se imprimíu en 1863 "Cantares Gallegos" da nosa benquerida Rosalía de Castro.


Logo desta introducción, pasamos a visionar o video: qué traballo tan duro!! ata levan casco e roupa especial. As redes viñan cheíñas de peixes i estivemos a tentar se identificábamos qué eran (xurelos, sardiñas, xoubas, robalizas!!dicían algúns). E logo, máis traballo!: separalos nas caixas para levar á Lonxa.
E qué "rariña" nos parecéu a forma de vender : "100,95,90,85,80..."




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!