Cada peixiño e peixiña do noso Cole ten xa moi certo que as nosas praias están cheíñas de lixo: así o viron cando foron limpar cós ganapáns!
Falando do asunto, xa moi concienciad@s e procurando solucións, chegamos á decisión de que temos que dar exemplo:
-Coelliñ@s de cores: din que cando vexan a alguén tirar algo, van dicirlle: "deso nada monada"
-Os máis maiores (aula de catro e koalas) dixeron que habería que levar sempre unha bolsiña para recoller e para non deixar tamén eles mesmos lixo cando vaian á praia.
E así, en colaboración có Equipo de Normalización Lingüística do Centro, acordamos recoller a idea e facer o encargo para que teñan tamén un pequeno agasallo moooi merecido por tanta e tanta implicación.
Grazas a vós tamén ,super-Familias, por tanta colaboración e recoñecemento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!