luns, 6 de outubro de 2014

Os Animáis tamén teñen "Día": 4 de outubro...e todos os demáis!

Compartimos o noso Planeta Terra, xa ben o sabemos, con moitos outros seres vivos: os animáis,tamén. E hoxe falamos do trato ( e maltrato ás veces) que lles damos, de algunha especie que se non a coidamos pode desaparecer, dos que máis nos gustan... Tamén de todos os nosos contos favoritos nos que os animáis son protagonistas...unha chea deles!. E hai un que está ben asentado na nosa cabeza, pero non deixa en moi bo lugar ao lobo, como case sempre, como en case todos os contos: "Carapuchiña vermella". Ah! pero eso porque o Sr Lobo nunca contóu a súa versión... Escoitadea ben!
Cando o Lobo veu aparecer no seu bosque a unha persoa "encapuchada" pensóu que ía facer algo que non estaba ben e por iso tapaba a cara; e así foi, porque a nena empezóu a pisar as formiguiñas, tiraba pedras aos paxariños, arrincaba plantas, pisaba as flores, tiraba papéis ao chan...un desastre!! así que decidiron, entre él e a súa avoíña, darlle un susto grande para que aprendera que todos os seres vivos merecen respecto. Os coelliños e coelliñas do noso Cole...o teñen xa clarísimo!!!! E hoxe as súas cariñas, logo de escoitar este conto...merecían unha foto que coa emoción esquecímonos de sacar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!