Tras varias tomas de contacto previas (correos, chamadas e outra cita), nestes días acordamos xa as primeiras actuacións para por en marcha no Cole unha 
Horta, para
 reforestar árbores en colaboración coa 
Comunidade de Montes de Teis , para aprender a facer 
compostaxe e para informar á nosa comunidade educativa mediante a 
Escola de Familias da importancia da 
agricultura ecolóxica.
Aqui tedes ao equipo, có noso porteiro/conserxe Adrián, que tamén vai estar implicado no asunto:
Laura, técnico de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento, de 
"Amigos da Terra"
Juan, coordinador da campaña 
"Impórtanos" e
Belén, unha autoridade no tema, defensora e militante da 
agricultura ecolóxica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!