mércores, 14 de xaneiro de 2015
Preparativos da Horta
Onte nos visitaron Laura e Belén para ultimar xa a nosa Horta Ecolóxica.Moito traballo e ilusións xa en bo camiño...precisamos arranxar uns 120 botes de iogur e unha ducia de bandexas de polispam para as sementes: e coa colaboración de familias, comedor do Cole e algún pai entusiasta xa as temos!
Tamén precisamos madeira para facer 8 bancáis e non queremos mercarla: así que grazas ao traballo dun pai que fixo a procura do material base (palets)e puxo o traballo, xunto ao noso conserxe, xa temos uns bancáis impresionantes!!
O resto: abono, sustrato, compost, sementes (chícharos, tirabeques, faba loba, leitugas, espinaces,remolacha,allos,cebolas, allo porro,cenouras, nabos, rabanito...) e bulbos (fresíos,narcisos,lirios, crucus, tulipáns, etc) xa o temos en camiño tamén!!
O calendario de traballo está igualmente organizado, así que...teredes noticias axiña!!
Horta Ecolóxica entendida como ferramenta pedagóxica e modelo da relación persoa/natureza...queremos transmitirlles aos peques a idea da ecoloxía dende o punto de vista do respecto a Natureza e a producción de alimentos saudables, con cultivos libres de herbicidas, plaguicidas e insecticidas, para que cheguen a sentir a importancia dos productos frescos, sabrosos e nutritivos.
Aprendendo de xeito lúdico e manipulativo, sementando ilusións, exercitando a paciencia e o esforzo colectivo.
Porque a Horta vai ser un traballo de todo o Centro: peques, mestres, familias, persoal non docente...Grazas a tod@s!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!