martes, 10 de febreiro de 2015

De un Monte a outro Monte


Saímos do Monte da Guía para ir prantar árbores a outro: o Monte da Madroa!! máis concretamente, a un anaquiño do da Comunidade de Montes de Teis, aos que dende aquí queremos dar as grazas pola súa colaboración: nos deixaron árbores do seu viveiro, aportaron voluntariado, o seu tempo, coñecementos...Alfonso, capataz do Monte e membro da directiva estivo pendente en todo momento e nos foi dicindo os nomes das árbores que íamos prantando:
-Carballos (robles)
-Hérvedos (madroños)
-Loureiros (laurel)
-Sobreiras (Alcornoques)
-Cerquiños (roble tipo melojo)
-Sabugueiro (saúco) e
-Acibro (acebo)
Tamén aos voluntarios do Plan Comunitario de Teis: David (que xa colaboróu o curso pasado no Centro), Xoana e Martín, e aos nosos xa amigos inseparables de "Amigos da Terra" (Laura e hoxe Antón tamén).
E por suposto, a "Voz Natura", orixe de este fermoso proxecto, e que nesta actividade concreta aportóu os buses que nos levaron ata alí.


Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox
This photo album generated with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!