martes, 24 de febreiro de 2015

Eu son Rosalía

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e no noso Cole o festexamos, coma sempre, dun xeito compartido... e sempre moooi especial (ver blogue). Pero tamén dende a mirada verde dos nosos pequerrichiñ@s, as abelliñas. Rosalía ten nome de fror, non si? e ben seguro que tamén era Amiga da Terra, porque nos seus poemas fala moito dela,e das frores, dos ríos, das árbores, das fontes,da súa hortiña que quere tanto... Pois asi, falando dela, fixemos lembranza tamén dos nomes das frores que xa recoñecemos, das mullleres das nosas familias que teñen como ela nome de fror e logo coloreamos algunha : chulísimas quedaron!!
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free photo collage generated with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!