xoves, 26 de marzo de 2015

Toliño: un ovo que quería ser diferente...

As veces os contos non están escritos e aparecen na maxia dun neno, na mirada ou na palabra precisa e diferente, na autenticidade do intercambio de pensamentos que son parte do día a día nas aulas. Falando nestes días na Aula das Abelliñas do que xa prantáramos na Horta (para lembrar as accións, repasar vocabulario,etc), propuxóselles que dixeran alimentos que tamén saen da terra e así comezaron a dicir: berzas, cenorias, cogumelos, allos...e de súpeto Iago dí: _"ovos!". _ Cóoomo? os ovos saen da terra? (mandando calar as voces que xa protestaban dicindo que "nooo"). _ Claro, dí Iago, con cariña de "qué pasa aquí?": primeiro sae a prantiña, logo uns redondiños e vai crecendo a cáscara. Nese intre, xa o resto consideróu necesario deixar claro que "noon, Iago, saen das galiñas!!". Botamos unhas risas e falamos do tema, para pasar logo a diferenciar alimentos da Horta e das árbores (porque tamén saían mazás, laranxas,etc). Pois o que son as cousas : na xornada de "voluntariado ecolóxico"de onte, as nais e pai que estaban traballando na Horta nos chaman para dicir que....aparecera un ovo nela!!! Foi unha festa!! o oviño foi viaxando por todas as aulas do Cole, xunto có que dixera Iago, que lóxicamente estaba todo enchido!! pois si, na nosa Horta, como hai taanta maxia no Cole, que saibades que tamén aparecen ovos. Será porque ven a Pascua? Eu penso que sen dúbida algunha foi unha "pirueta máxica"(poida que algún paxariño que xa se fixo amigo dos nosos espantallos e escoitóu a conversa) para darlle a razón a Iago e tamén para demostrar que ás veces as cousas non son o que parecen, que a dúbida é a base da intelixencia e da investigación, que as certezas absolutas non van a ningures e que sempre temos que defender o fermoso dereito a ser diferentes e a escoller o noso lugar, cada un de nós, seres vivos, sexamos berzas, ovos ou persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!