Hoxe foi un día cheo de visitas no Cole...pero na Horta tivemos dúas moi especiáis:
Alejandro, do Comité Científico de VOZ NATURA, que estivo vendo á nosa Horta e os outros traballos (nos frutáis con material de refugallo, algún espantallo que xa amosa,etc) e falando do Proxecto do Cole. Grazas mil polos ánimos e a valoración !!
E tamén Belén Fervenza, de AMIGOS DA TERRA, a nosa grande asesora neste fermoso camiño, coa que estivemos argallando o plan para organizar ben os bancáis e poder logo facer unha rotación de cultivos axeitada, cara ó futuro...
E tamén, coas abelliñas, recollendo follas e engadindo compost nos cultivos: foi moi divertido e se traballóu arreo. Mirade qué panda!!
Son xeniáis, non si??
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!