martes, 28 de abril de 2015

O castiñeiro de Lucas

O CASTIÑEIRO DE LUCAS LUCAS CABALEIRO SÁNCHEZ É UN NENO QUE ESTIVO NO NOSO CENTRO ,EEI MONTE DA GUÍA, NOS CURSOS 2004/5 E 2005/6. NESAS DATAS, ESTABAN A ARRANXAR O MURO DO COLE, CON GRANDE PERIGO PARA O NOSO BENQUERIDO CASTIÑEIRO, CHEGANDO MESMO A SUXERIR A SÚA TALA ! CANDO FALAMOS NA AULA DO TEMA E DA IMPORTANCIA DE CONSERVAR E DEFENDER O NOSO MEDIO NATURAL, AS RAZÓNS PARA ELO, O COMPROMISO...LUCAS, SEN DÚBIDAS NIN ACOUGO, COMEZÓU A POR EN PRÁCTICA A SÚA DECISIÓN: “POR RIBA DEL TOCARÍAN SEQUERA UNHA POLIÑA!” NOS RECREOS XOGABA AO SEU REDOR, OU TAMÉN LONXE PERO SEMPRE CUN OLLO POSTO NEL, SE VÍA PERSOAS PRETO DO MURO OU ESCOITABA RUIDOS ESTRANOS, AXIÑA SE PLANTABA AO SEU CARÓN E INTERROGABA SE ERA PRECISO AOS INTRUSOS. E NON DEIXABA DE EMPREGAR TAMPOUCO UNHA DAS SÚAS MELLORES “ARMAS”, A DIALÉCTICA: TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE SABÍAN QUE SE ERA PRECISO TIÑAN QUE XUNTARSE E BERRAR “O CASTIÑEIRO NON SE MOVE!!” A PEGADA DE LUCAS, QUE TAMÉN QUERE SER SÍMBOLO DA QUE DEIXARON NO NOSO CENTRO TODOS OS NENOS E NENAS QUE PASARON, E QUEDARON, NA EEI MONTE DA GUÍA E MOTIVO DABONDO PARA QUE LLE ADIQUEMOS, DE CORAZÓN A CORAZÓN,O NOSO BENQUERIDO CASTIÑEIRO...QUE SEMPRE VOS ESTARÁ AGARDANDO.

Premer na imaxe para ver información:


http://www.rios-galegos.com/arb33.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!