O romero é unha pranta aromática que se pode enpregar en asados, no pan e mesmo engadir ao aceite: estes son algúns dos usos que lle poderemos dar unha vez esté ben sequiño (pendurado e ben ventilado, xirando de cando en vez).
E a herbaluisa (tamén chamada verbena e herba princesa) ,é outra das prantas aromáticas que temos no Cole con moitas propiedades: dixestivas (en infusión) e aromáticas (relaxa e revitaliza o estado de ánimo). Hoxe xa comprobamos as aromáticas e un a un, na clase dos maiores todos e todas coincidían no seu aroma cítrico: "cheira a limón" ,"e a lima" e encantóunos ulila, repetindo unha e outra vez.
Cando esté ben sequiña (ao redor de 12 días), probarémola en infusión e a levaremos tamén para casa.
Cántas son as cousas que nos aporta a terra...verdade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!