Hoxe contamos no cole con dous expertos en remedios naturais, Tiago e Héctor de catro anos. Explicáronnos para que podemos empregar o Arnica e o Eucalipto. O arnica é esa barriña que tan ben coñecemos porque é a que lle botamos os nenos/as cando se mancan. Tiago deixounos olela e botounos un pouquiño na man para que a extendéramos e así saber como é a súa textura. Ademais de outras moitas cousas que aprendemos e que están recollidas na súa páxina do libro. Héctor recolleu os beneficios do Eucalipto explicounos que é moi bo para gripes e catarros, ademáis de un estupendo repelente de mosquitos, despois tocamos as follas de eucalipto e os seus froitos , e nun bote trouxo o repelente xa feito e poidemos comprobar que tal cheiraba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!