mércores, 6 de maio de 2015

Unha clase moi especial!

Hoxe na aula dos maiores tivemos unha visita : Manuel nos estivo a explicar moitísimas cousas das miñocas e a súa relación/interacción coa Horta. As que temos no Cole, que trouxo él, son "miñocas vermellas de California", moi boas para reciclar os residuos orgánicos. O compost ou humus que producen é moi bo como fertilizante para a Horta, xa que os excrementos fan que sexa moi fértil. Manuel nos estivo a explicar tamén o que máis lles gusta comer, e sorprendéunos moito que ademáis de restos de froita e comida (non cociñada), lles encante comer...pelo!! iso sí, non teñido. Tamén alucinamos cando nos dixo que unha miñoca pode producir ata 1.300 nun ano!!! e son hermafroditas. A verdade e que cando ademáis de ver, mirar e tocar, pasamos a ulir...sorprendeunos moito tamén que non cheiran nadiña. E logo lles estivemos a botar comida coa idea de seguir observando todo o proceso e tamén para logo aplicar os resultados na nosa Horta. Grazas mil Manuel pola túa implicación no Proxecto e por ter colaborado sempre coas actividades que o fan posible!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A slideshow by Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!