Another free picture collage by Smilebox |
xoves, 24 de setembro de 2015
Comezamos!!
Un fermoso día para prantar acelgas e lembrar moitas cousas... ou descubrilas. Pero sempre paga a pena sentir esa chispiña de ilusión nos ollos : "imos facer algo moooi importante, quén se anima?" e a primeira tanda de entusiastas amosa pronta para sementar o que se lle poña por diante, regar ou arrincar malas herbas.
E xa sabemos o que pasará nestes días: "profe, medraron!", "temos que regar amodiño,verdade?", "podemos levar á casa as verduriñas?" (ata quen non as proba,case certo o fará cando é o resultado do seu traballo)
Amodiño imos dando pasiños...adiante sempre!
mércores, 23 de setembro de 2015
Reciclaxe Solidaria
Coa reciclaxe - "as 3R" (reducir,reutilizar,reciclar) tentamos facer un mundo mellor, adoptando hábitos de conduta que permitan disminuir ao máximo o impacto mediombiental, participar de forma activa na protección dos ecosistemas e colaborar na conservación do planeta.
Coa solidariedade da man,as nosas actuacións poden acadar unha dimensión a maiores : os tapóns, a roupa e/ou os móviles, que non precisamos poden axudar a moitas persoas. Deste xeito é ben doado que toda a comunidade educativa poda contribuír aportando o que xa non ten nas nosas casas "vida útil",verdade?

Pois no Recunchiño Voz Natura atoparedes información dabondo !!
Coa solidariedade da man,as nosas actuacións poden acadar unha dimensión a maiores : os tapóns, a roupa e/ou os móviles, que non precisamos poden axudar a moitas persoas. Deste xeito é ben doado que toda a comunidade educativa poda contribuír aportando o que xa non ten nas nosas casas "vida útil",verdade?

XVI ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES
XVI Encontro de Sementes. Redondela 2015
10:30 Apertura do mercado de produtoras
11:00 Apertura da mesa de troco
12:00 Experiencia agroecolóxica no Campo do Gerês e obradoiro de inxertíos. 12:00 Obradoiro de "nendo dango" (boliñas de barro para a sementeira) para nenas e nenos.
14:00 Peche da mesa de troco e xantar popular.
16:00 Apertura da mesa de troco.
16:30 Mesa redonda sobre experiencias colectivas agroecolóxicas. Asociación "Catro ponlas" Sistema de participación de garantía "A Gavela". Grupo de consumo "Des-pensa" do Val-Miñor. Mercado social galego.
18:00 Obradoiros de espantallos para nenas, nenos, nais e pais.
18:30 Obradoiro de extración de sementes.
19:00 Peche da mesa de troco de sementes.
20:00 Peche do mercado de produtoras.

luns, 21 de setembro de 2015
E a primeira sesión do curso coas Abelliñas:" falamos dunha pipa?"
O percorrido dunha pipa dende que foi semente dos xirasóis ata a recolleita destes días foi todo un saco de opinións e preguntas na aula das abelliñas! será porque como tal son unhas expertas en frores?
Observamos as cores das súas follas e pétalos, coloreamos, debullamos...e toca gardar as pipas ata que xa ben sequiñas, podamos facer o ansiado obradoiro.
domingo, 20 de setembro de 2015
Aulas 3R
Pasiños adiante : un xesto que non é tan sinxelo como aparenta, xa que é un compromiso para cada unha das xornadas que agardan, un convite para por na práctica unha actitude que se reforzará no día a día, en todas as aulas do noso Centro.
venres, 18 de setembro de 2015
Primeira sesión VN na Aula dos Coelliños
Estivemos a lembrar o proceso dende que se prantaran as sementes ata as altísimas frores que tivemos, e falamos do que se podía facer con elas, xa ben sequiñas: pipas e gardar sementes.
Así que comezamos a debullar as frores e logo a separar as pipas (sementes) para ir xuntando o que vai ser a materia prima do primeiro obradoiro de cociña: salgar e tostar.

Quentando motores!!! e con forza para darlle un pulo ao compromiso con un proxecto que vai sendo eixo cotiá no noso Centro: VOZ NATURA - UN PASO ADIANTE!

xoves, 17 de setembro de 2015
Pechando o círculo
Fran, o noso conserxe, trouxo as sementes que tiveron o seu berce no Cole e que foron medrando ata facerse uns enormes e fermosísimos xirasóis: foron o asombro de cantas persoas chegaban ao noso Centro... e hoxe tocóu recollida para gardar e saborear tamén as súas renovadas sementes.
Nestes días imos facer un pequeno obradoiro para salgar e tostar : xa vos contaremos qué tal vai a cousa...

Natureza xenerosa
Pese a pasar un largo verán sen os aloumiños de sempre, sen as mans pequerrechiñas fuchicando nela e sen as conversas ao seu carón e o bullicio do día a día...a nosa hortiña foi gardando os seus froitos para recibir aos nosos tegriñ@s como se merecen!
E a nogueira tamén quixo facer unha especial acollida, porque non damos feito a recoller noces!!
Algo haberá que facer,non si? pois estade ben alerta, porque xa sabedes que sempre estamos argallando cousiñas e os "MartesChef" van dar mooooito xogo...

This free picture slideshow customized with Smilebox |
xoves, 3 de setembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)