venres, 18 de setembro de 2015
Primeira sesión VN na Aula dos Coelliños
Estivemos a lembrar o proceso dende que se prantaran as sementes ata as altísimas frores que tivemos, e falamos do que se podía facer con elas, xa ben sequiñas: pipas e gardar sementes.
Así que comezamos a debullar as frores e logo a separar as pipas (sementes) para ir xuntando o que vai ser a materia prima do primeiro obradoiro de cociña: salgar e tostar.
Quentando motores!!! e con forza para darlle un pulo ao compromiso con un proxecto que vai sendo eixo cotiá no noso Centro: VOZ NATURA - UN PASO ADIANTE!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!