xoves, 1 de outubro de 2015

O solo do noso Cole

Pois si, o solo produce directa ou indirectamente o 95% dos alimentos que consumimos: certamente deberíanos interesar moito ter por tanto uns solos con boa saúde,verdade?
Tamén sabemos que 1 cm de solo precisa de centos a miles de anos!

De todo o que imos aprendendo, o que máis nos encaaanta é o "traballo de campo": para sentir ben pretiño de nós a chegada do outono, estivemos a recoller castañas do noso prezado castiñeiro, por parellas, equipas, por libre...e logo xuntamos todas para secar un pouquiño.
Algúns olliños descubrían por vez primeira os ourizos ou asimilaban a certeza de que unha árbore daba castañas!
 E que o noso patio é un pouco "raro": nel recollemos tomates, cabazas, fresas, leitugas,noces, castañas...e ata pipas!





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!