Hoxe tivemos no Cole unha visita moi especial: Alejandro, do Comité Científico de Voz Natura, que chegóu "dende lonxe" (algún apuntaba que igual a viaxe fora en avión) para compartir con nós ilusións e proxectos: estivemos do Recuncho da Reciclaxe Solidaria ata a casiña das rás, vendo viveiros de castañas ou acelgas e pasando por todas as aulas, onde estiveron a contarlle aventuras de polbos , de polémicas podas no noso entorno e mil cousiñas máis que Alejandro atendía cun sorriso e moita paciencia.
Grazas polo interese e polos ánimos: son as nosas "pilas" para seguir traballando!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!