martes, 24 de novembro de 2015

Comeza MARTES-CHEF !

No noso Cole fixemos de sempre unha forte aposta polos Obradoiros de Cociña como un xeito lúdico de traballar: trabállase vocabulario, pesos, medidas. cores, se suma e resta,escribimos e lemos receitas, compartimos...fomentamos a creatividade, a autonomía, coñecemos gustos diferentes e comidas -según culturas ou actitudes vitáis- distintas á nosa...simplemente fomentar o gusto por cociñar, sen estereotipos de xénero e poñendo en valor a gran importancia de una alimentación sana é outra máis das mil cousas positivas que se traballan en cada sesión.
Procuraremos que os MARTES-CHEF sexan un motivo para promover o gusto pola alimentación saudable, en consonancia có trballo na Horta e o Proxecto de Voz Natura. Traballaremos de xeito lúdico pero firme as diferencias, tamén facendo "catas" : un zume natural é máis rico e san que un refresco, unha marmelada caseira moito mellor que a que mercamos, as froitas e hortalizas que temos no Cole teñen un sabor diferente,etc

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!