Unha ledicia a mañá de onte, martes: Gerson, papi de Artai e chef do Espacio Gastronómico Ruxe Ruxe, estivo a compartir coas Rás e profes receitas,consellos e paciencia.
Certo é que bolachas e turrón de chocolate non parece asi de entrada unha recomendación moi saudable non si? Peeero : estamos no pre-Nadal e promover galdrumadas caseiras feitas por nós é unha estupenda maneira de compartir tempo e saúde en familia, sen dúbida algunha, promovendo ademáis un dos nosos obxectivos neste Nadal.
E outra das nosas "teimas" tamén presente no Obradoiro: reutilizar, reciclar, reducir...
Comezamos lavando ben as mans, como sempre, e repartindo Gerson de agasallo uns gorros de chef-noel moi chulos, e xa...a traballar! presentóunos os ingredientes, ensiñou a separar as xemas das claras (o primeiro dos momentazos!) e logo xa a traballar na artesa!!
E cando deixamos a masa das bolachas en repouso en chisquiño, xa "atacamos" a segunda receita: o turrón de chocolate! primeiro tentando facer anaquiños das noces, améndoas e uvas pasas e logo xa remenxendo todo.
O xoves degustarémolo entre todas as aulas ao remate do "Conto Solidario"
E hoxe papamos toooodas as bolachas, logo de tanto traballiño: amasar, estirar, cortar coas formas, meter ao forno...foi unha chulada de obradoiro, aprendemos moitísimo de cociña e tamén que non temos que mercar todo, que na casa se poden facer moitas cousas e mellores e que traballar en equipo é o mellor de todo!!
E por suposto, compartindo sempre: convidamos as aulas dos Coelliños e as Abelliñas a degustar as delicias que fixemos!
E por suposto, grazas mil ao noso "profe-chef"!
Grazas a vós
ResponderEliminarRepetiremos !!