venres, 4 de decembro de 2015

Voluntariado na Horta

Xa temos un grupiño de apoio na horta: xenial! porque unha das premisas que para nós debe ter é o sentimento de ser para disfrute e responsabilidade de toda a comunidade educativa...non si?
E neste intre, asi o sentimos: non só mestres e peques, senon nais, pais, algunha tía tamén, a nosa conserxe Chus e Luz, a nosa coidadora son tamén xa "socios e socias" da nosa hortiña: Grazas tamén pois a Ana, Eva, Edu, Enara,Loli,e todas as persoas anotadas e que hoxe non vos foi posible vir !

Hoxe tocóu arranxar as prantiñas de tomates que de xeito "espontáneo" apareceron nos bancáis e non quixeramos deixar morrer de frío: así que tentaremos protexelas reutilizando botellas de plástico.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!