xoves, 28 de xaneiro de 2016

Árbores de Entroido

Temos unhas familias...do mellor do mundo mundial! comprometidas, participativas, creativas, ilusionadas, responsables, divertidas,colaboradoras,positivas e mil cousas máis!! A paisaxe do noso Centro está acadando unhas cores fermosisímas e as árbores, por vez primeira, participan do Entroido: son seres vivos, as nosas compañeiras e queremos compartir con elas estas datas tan bulideiras. Grazas a todos e a todas: aboa, mamis e papis de Lara, Nahia, Lena, Antía, Teo, Roi, Xiana e a cantos valorades as nosas iniciativas e proxectos ...que son as vosas tamén!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!