O primeiro paso foi dado o pasado curso: fixeramos recolleita de romeu e herba luisa, secarámola e logo preparamos bolsiñas para levar á casa coas dúas, non sen antes levar a cabo no Cole uns lembradísimos obradoiros de infusións coa herba luisa (tan "valorada" polos peques cando a cataron, que de súbeto comezóu un estrano "virus"de dores de barriguiña que non era máis que as ganas que tiñan de repetir)
Pois tocará entón ampliar coñecementos e experiencias,non si?: xa temos a materia prima inicial,porque grazas ao apoio de 
VOZ NATURA,mercamos as primeiras convidadas ( 
menta, romeu, lavanda, loureiro, santolina e caléndula)








Estivemos a falar dos seus nomes, os usos (dende xabón ata chicles de menta!), ulindo, tocando...
E logo xa tocóu escribir os seus nomes e facer os carteliños con letras de cores.







 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!