venres, 22 de abril de 2016

Reutilizar: xogamos con caixas e tapóns.

Como temos unha cabeciña chea de ideas, non sabedes cantos xogos fixemos coa caixa de tapóns de Tomás!!! E pasámolo xenial!!! Clasificamos por tamaños. Contamos ata números moi grandes e sumamos dunha forma distinta. Fixemos series diferentes para vestir ás serpes que mudaban de pel. Tentamos facer torres. Xogamos a ser os axudantes de Papá Noel facendo os xoguetes que uns nenos e nenas escribiron nas cartas. Xogamos a lanzar tapóns deslizándoos polo chan e tamén ás tres en raiña. E como a cabeciña nosa non deixa de pensar…continuará.


A caixa dunha bola do mundo que trouxo Xana, tamén puxo a nosa cabaciña a pensar e non imaxinades todo o que pudimos facer con ela: unha alfombra, unha TV, un microondas, un wáter, un lavabo, unha lavadora, un autolavado de coches, unha cova, un teatro de marionetas, unha cova, unha granxa, un espello, un túnel, un casco de astronauta, un traxe de robot,… foi moi moi interesante e moi moi divertido… xogar con esta caixa diferente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!