No noso Cole sempre estivo moi presente o "código 3R" : tres papeleiras por aula para seleccionar residuos no día a día, confección de materiáis reutilizando elementos de todo tipo, empregando nas actividades de plástica e outras material de refugallo, participando en actividades có contorno en sintonía coa mesma filosofía e un longo etc. Pequenas cousas que se fan grandes porque calan nos nosos pequechos e son eles tamén os que logo levan a cada unha das nosas familias a demanda de coherencia...e tamén aos profes cando baixamos a garda.
Queremos dar sempre un pasiño adiante, e outro máis e sempre máis...queremos concienciarnos de que nas festas e paparotas NON imos empregar platos e vasos de plástico, que temos que reducir papel (xa en algunha aula non se envían circulares polo emprego de aplicacións específicas, en todas as aulas estamos a elaborar o material elaborado polo equipo, etc),rexeitar o papel de aluminio,seguir a reutilizar bolsas,rodas, vasiños para as sementeiras e mooooitas más cousas.
Mirade por exemplo as bolsas para o préstamo da Biblioteca de Aula que a profe Elena fixo para os seus coelliños: diseño creativo a tope, non si?







Es encantador ver como aprendemos de vosotros ,muchas gracias por todo y mas
ResponderEliminarUna chulada !!
ResponderEliminar