martes, 31 de xaneiro de 2017
Herba Luisa
Na aula dos coelliños fixemos o primeiro "obradoiro de cuasi-cociña": infusiós de herba luisa!
Primeiro estivemos a ulir: "cheira a nubes, a limón, a chuches. a iogur"...a mil cousas dician os coelliños!Logo as tocamos, e tamén comprobamos se a auga estaba fría ou quentiña.
Logo fixemos a maxia: auga quente coas herbas, e Ummmh qué rica infusión! ademáis é curativa, porque cando temos a barrigola un pouco revolta, é do mellor que podemos tomar!
E así quedamos en explicar todiño na casa: por iso levamos bolsiñas para facer alí o experimento. Xa nos contaredes!
E repetimos a experiencia na aula das rás: encantóulles tamén!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!