domingo, 16 de abril de 2017

Ceboliñas e puerros

A mamá de Mauro, Susi, nos fixo o mellor dos agasallos: prantiñas para a nosa Horta, cebolas e puerros! faltóunos tempo para ir: e a qué na vida vírades a uns coelliños en pixama prantando? Pois no Planeta Tegriña si pasan cousas tan máxicas como esa! Respectaronse os turnos, acordamos o xeito de prantar cada quen, regamos...e voltamos para a clase máis contentos e contentas... Agora toca agardar a que nazan, e xa sabemos que non o fan coma os tomates, por exemplo,para arriba, senon que o fan dentro da terra, para abaixo. E tamén máis cousas...xa vos contaremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!