martes, 31 de outubro de 2017
Proceso Refugallo
Nas sesións de traballo mediambiental, que este curso xa sabedes que teñen un plus (grupos mixtos, metodoloxía activa,etc), estamos a traballar con material da contorna: recollida de noces e castañas para encher cucuruchos de papel ou pintar de branco folliñas para facer pantasmas; o máis divertido foi decidir cantos ollos e de que tamaño.jiji.
Tamén estamos a empregar algún tapón (verde, gústanos o verde!!) que logo volveremos a poñer nos cubos para a reciclaxe solidaria.
Facemos traballo colaborativo, manipulamos, observamos, creamos, pensamos, debatimos, aportamos ideas... e mil cousas máis!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!