domingo, 19 de novembro de 2017

Plantando acelgas

Partindo dunha reflexión posterior ao traballo e coidado da horta (limpar, regar, plantar...) que realizamos diariamente. Doume de conta de cantas cousas podemos aprender, ademáis do evidente, que é o coñecemento dos vexetais que plantamos e o seu proceso de crecemento coas labores da horta.
Os nen@s interiorizan unha serie de valores, tan pouco de moda na sociedade actual, como son: traballo en equipo, respecto, esforzo, paciencia... e o amor pola terra e os seus coidados. Agora xa saben de onde veñen as cebolas, os grelos, os tomates ... e a grande labor que se agocha detrás da colleita dos froitos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!