xoves, 23 de novembro de 2017

Un máis no Cole!

Cada xornada, cando as familias ides saíndo e @s peques están xa nas aulas, no patio cuberto do Cole aparece a visitiña: unha pombiña que sen falta ven ata o Monte da Guía, e mesmo algún dos días foi taaaan valente, que ata quiso saúdar aos peixiños na súa aula para que levaran unha fermosa sorpresa. Algún curso atrás, tamén tivemos no patio un coelliño que acordara vivir no Cole durante moooito tempo e saía polo patio sen medo algún!
Cánto nos gusta compartir con eles, pelo ou pluma, o noso espazo!...Benvida, pombiña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!