venres, 4 de maio de 2018

E tamén un carballo!

Comba trouxo ao Cole unha landriña/carballo que plantóu a súa avoa Carmen coa axuda de Noli, o seu pai...e de seguida comezamos a argallar onde ía ser o seu sitio, especial por suposto. E como temos un conserxe que é un sol, Carlos xa se puxo a axudarnos de bo gusto,como fai él todas as cousas...e sempre rodeado de un bo feixe de pequechos e pequechas, que xa o buscan nos recreos para mil cousiñas, porque eles ben saben a paciencia que ten!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!