venres, 3 de xaneiro de 2020

Inicio da horta de outono

No mes de outubro recibimos a visita de Jacobo"Amigos da Terra", para colaborar con nós, na posta en marcha da horta. Os días previos á visita, os pequenos/as estiveron limpando e remexendo a terra dos bancais.
Jacobo trouxo un aparello que non coñeciamos "bieldo", aparello de labranza cun mango de madeira do que saen tres ou catro puntas en forma de dentes, para soltar a terra, e algo de borralla para botarlle á terra microorganismos elaborados por eles.
Despois plantamos allos, acelgas, espinacas, ecarola, leituga, tirabeques, chícharos e fabas. Estas últimas están así de bonitiñas!!










Atopamos un grilo da cebola ou alacrán ceboleiro




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!