domingo, 9 de maio de 2021

Grazas

"GRAZAS", que palabra tan curta e tan importante. Amosar gratitude repercute nunha mesma/o xa que é unha forma amable de relacionarmos co mundo, de percibilo o cal produce benestar, ao tempo que orixina na outra/o un sentimento de respecto, coidado  e consideración.

GRAZAS familias por coidar durante este curso, con todas as limitacións engadidas por causa da pandemia, da nosa horta, que nunca estivo tan bonita e atendida .Grazas tamén por participar noutros labores que fan do noso patio un espazo máis fermoso, se cabe.












 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!