mércores, 14 de agosto de 2024

Visita Apípolis

 Nos últimos días do mes de xuño, as crianzas da escola visitaron Apípolis, que é un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas.

Dende Apípolis pretenden facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que as nenas/os poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

O obxectivo e amosar a importancia das abellas para nós e o medio no que nos desenvolvemos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!