luns, 20 de outubro de 2025

Últimas vitaminas da colleita de verán!

Como di a canción: 
"A Horta de Balbina 
é moi singular
alí medran vitaminas 
de forma natural..."

      

O mesmo sucede na "Horta das 7 Lúas" que todo crece de forma natural, con moita vitamina e da horta para a cociña, sen contaminar.

A colleita do verán chegou o seu fin coa recollida dos últimos tomates, pementos, cebolas, batatas e acelgas. Con algúns deles estamos a argallar algunha receita!


Da gusto observar as súas cariñas de abraio cando atopan o froito do que sementaron meses atrás.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!